Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante estes dous cursos. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Agardamos que vos guste e non esquezades deixar os vosos comentarios. Vémonos!! 👀👋🏽
mércores, 27 de novembro de 2019
SOCIAIS: A LOCALIDADE
É importante coñecer ben o lugar onde vivimos e saber as súas características e os elementos que o conforman para logo poder situarnos e viaxar polo mundo sen problemas. Empezamos a viaxe....
luns, 25 de novembro de 2019
VILA MOUCHA EN NEGRO
25 DE NOVEMBRO: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
A nosa vila vístese hoxe de negro para lembrar que hai que seguir traballando para lograr que os dereitos humanos se cumplan de verdade. A violencia contra as mulleres segue a ser un obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento e paz. Por iso, ningunha sociedade pode consentir que se exerza ningún tipo de violencia contra as mulleres polo mero feito de ser mulleres. E aquí estamos nós para lembrarllo e para construir unha sociedade na que calquera forma de violencia (non só a que se exerce contra as mulleres) desapareza.
Gustaríanos poder borrar do noso vocabulario diario as palabras negras e encher a nosa fala de preciosas palabras de cores. Aquí tedes a nosa proposta deste ano.

mércores, 20 de novembro de 2019
DEREITOS DA INFANCIA
O día 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou por unanimidade a Declaración Universal dos Dereitos dos nenos e nenas.Consta de dez principios nos que se recoñecen o dereito á liberdade, á identidade, á educación, á sanidade, á protección, á integración, ao xogo...
Na nosa clase quixemos traballar hoxe un pouco neste tema para conmemorar esta data e lembrar que aínda queda moito que facer para que todos os nenos e nenas do mundo poidan desfrutar dos seus dereitos.

martes, 5 de novembro de 2019
NATURAIS: OS SENTIDOS
Ulir unha flor, rechupetear un caramelo, acariñar un can, ver unha peli, escoitar a nosa canción favorita... Todas estas cousas podémolas facer grazas aos sentidos. Eles son os que nos RELACIONAN co exterior. Grazas a eles percibimos e desfrutamos do mundo que nos rodea. Cóidaos, utilízaos ben e desfruta do que che ofrecen!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)