domingo, 22 de decembro de 2019

BO NADAL

Noraboa a tod@s. Teño que felicitarvos polo voso estupendo traballo deste trimestre. Estou moi orgullosa de tod@s vos, do que aprendíchedes e do ben que traballáchedes. Agora toca descansar. De deberes ides levar:
- Saír a pasear e que vos dea un pouco o sol (se se digna  asomar 😂😂😂😂)
- Ver algunha peli chula coa familia ou con amigos.
- Quedar algún día con compañeiros para xogar na rúa.
- Facer unha tarde de xogos de mesa.
- Durmir moito e ben.
- Divertirse moito coa familia  nos días de festa.
- Axudar a poñer e decorar a mesa.
. Ler algún libro interesante para contarlle despois aos compañeiros.

E para aqueles que esteades aburridos e non saibades que facer, podedes aproveitar para bucear un pouquiño polo noso blogue e xogar a un montón de actividades divertidas que vos fun deixando estes días.

FELICES FESTAS A TODAS AS FAMILIAS DOS MOUCHIÑOS DO VALES!!💝💝



venres, 20 de decembro de 2019

ACENTUACIÓN

PALABRAS, PALABRAS, PALABRAS. Xa sabemos todos o difícil que é acentuar ben. Por iso imos empezar amodiño e con sentidiño. Primeiro aprenderemos  a identificar a sílaba tónica para poder clasificar as palabras e logo empezaremos a poñer tildes a montóns.
Pasádeo ben!!

SÍLABA TÓNICA
Resultado de imagen de silaba tonica" Resultado de imagen de silaba tonica"Resultado de imagen de silaba tonica"





ACENTUACIÓN

Resultado de imagen de ACENTUACION DE DON QUIJOTE"  Resultado de imagen de ACENTUACION anaya" Resultado de imagen de ACENTUACION"

Neste blogue do CEIP Ángel Frigola, de La Mojonera, Almería, tedes outro montón de xogos para acentuar. Se ademáis, vos gusta investigar, ides atopar actividades de todo tipo e de todas as materias.

MUCHO MÁS QUE PAPEL Y LÁPIZ


xoves, 19 de decembro de 2019

MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS

Práctica da división.
Para repasar divisións e repartos aquí vos deixo algúns xogos.

    Resultado de imagen de juegos divisiones       Resultado de imagen de juegos divisiones Resultado de imagen de divisiones      Imagen relacionada      Imagen relacionada

                             

SOCIAIS E NATURAIS

Un dos traballos que máis nos gusta facer nesta aula é o de investigar, compoñer e expoñer aos compañeiros. Aquí tedes unha pequena mostra do proxecto de CCSS titulado: "Investigo e documento a miña historia" , que fixemos de maneira individual e o de CCNN : "Os sentidos", no que traballamos colaborativamente en grupos para facer un mural e expoñelo.


mércores, 27 de novembro de 2019

SOCIAIS: A LOCALIDADE

É importante coñecer ben o lugar onde vivimos e saber as súas características e os elementos que o conforman para logo poder situarnos e viaxar polo mundo sen problemas. Empezamos a viaxe....


luns, 25 de novembro de 2019

VILA MOUCHA EN NEGRO

25 DE NOVEMBRO: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

         A nosa vila vístese hoxe de negro para lembrar que hai que seguir traballando para lograr que os dereitos humanos se cumplan de verdade. A violencia contra as mulleres segue a ser un obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento e paz. Por iso, ningunha sociedade pode consentir  que se exerza ningún tipo de violencia contra as mulleres polo mero feito de ser mulleres. E aquí estamos nós para lembrarllo  e para construir unha sociedade na que calquera forma de violencia (non só a que se exerce contra as mulleres) desapareza.
       Gustaríanos poder borrar do noso vocabulario diario as palabras negras e  encher a nosa fala de preciosas palabras de cores. Aquí tedes a nosa proposta deste ano.



mércores, 20 de novembro de 2019

DEREITOS DA INFANCIA

      O día 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou por unanimidade a Declaración Universal dos Dereitos dos nenos e nenas.Consta de dez principios nos que se recoñecen o dereito á liberdade, á identidade, á educación, á sanidade, á protección, á integración, ao xogo...

Na nosa clase quixemos traballar hoxe un pouco neste tema para conmemorar esta data e lembrar  que aínda queda moito que facer para que todos os nenos e nenas do mundo poidan desfrutar dos seus dereitos.




martes, 5 de novembro de 2019

NATURAIS: OS SENTIDOS

Ulir unha flor, rechupetear un caramelo, acariñar un can, ver unha peli, escoitar a nosa canción favorita... Todas estas cousas podémolas facer grazas aos sentidos. Eles son os que nos RELACIONAN co exterior. Grazas a eles percibimos e desfrutamos do mundo que nos rodea. Cóidaos, utilízaos ben e desfruta do que che ofrecen!

martes, 29 de outubro de 2019

O SAMAÍN

Noite de trebón, de meigas e pantasmas, de espíritos, cabazas, contos e castañas. Queredes cantar un pouco para escorrentar o medo? Pois aqui vos deixo unhas cancións e uns contos para cantar e contar nestes días de choiva que están a chegar. Que pasedes un terrorífico SAMAÍN......  ha, ha, ha, ha, ha!!!!!!!!!


luns, 21 de outubro de 2019

venres, 4 de outubro de 2019

MATEMÁTICAS SIMÁTICAS: As táboas de multiplicar


Dalle ao coco!!!! Para eses días nos que estás aburrid@ e non sabes que facer, aquí che deixo un montón de cancións e xogos de táboas para que practiques divertíndote. Pásao ben!!!!

Resultado de imagen de tabla del 1 Resultado de imagen de tabla del 2 Resultado de imagen de tabla del 3

Resultado de imagen de tabla del 4 Resultado de imagen de tabla del 5 Imagen relacionada

Imagen relacionada Resultado de imagen de tabla del 8 Imagen relacionada
Resultado de imagen de tabla del 5

ACTIVADES PARA EXPERTOS MULTIPLICADORES

Resultado de imagen de TABLAS                       



SOCIAIS: A HISTORIA

En Sociais imos empezar o curso polo último tema da programación para poder sentar as bases do que significa o paso do tempo, como o medimos e que etapas, a grandes rasgos, se poden estudar. Todo isto vainos servir de base e punto de comenzo para o traballo no noso PDI.

Premede nos videos para ir aprendendo e investigando .

E para irnos situando......

xoves, 3 de outubro de 2019

PDI: EU SON GALICIA

Comezamos un novo curso e con el un novo Proxecto Documental Integrado titulado "Eu son Galicia". Todo o colexio traballará conxuntamente neste proxecto ao longo do curso, pero cada nivel profundizará nun aspecto concreto. O alumnado de 3ºB imos investigar sobre as nosas raíces celtas e traballaremos a cultura castrexa en xeral. Vai ser moi interesante!!!

Se premedes no enlace, veredes a presentación do PDI que nos fixo o profesorado encargado da biblioteca.

Proxecto Documental Integrado: PDI EU SON GALICIA

luns, 30 de setembro de 2019

MATEMÁTICAS: NÚMEROS DE 5 CIFRAS

Quedan aquí algúns videos e actividades para repasar o tema 1 de mates.

Resultado de imagen de unidades decenas centenas

Resultado de imagen de cinco cifras
Resultado de imagen de menor a mayor       Resultado de imagen de calculadoraResultado de imagen de sumas y restas

Resultado de imagen de aproximaciones a decenas centenas y un

C.NATURAIS: O CORPO HUMANO

Comenzamos a nosa aventura do saber cuns videos sobre o corpo humano que poden axudarvos a completar información.

CORUXAS E MOUCHOS

Ola a tod@s!!!!! Estou encantada de que xa esteamos por aquí. O primeiro será coñecer as normas de convivencia da nosa vila. Xa sabedes que non hai nada mellor que unha vila ben organizada. Benvid@s e a desfrutar!!!

CORUXAS E MOUCHOS . NORMAS DA CLASE

 1. SON RESPECTUOS@ E EDUCAD@
A) Escoito cando me falan e fago o que me din
B) Pido permisos
C) Uso palabras máxicas: Perdón, Grazas, Por favor…
D) Traballo sen molestar
E) Evito conflictos

 2. SON CUIDADOS@ E ORDENAD@
 A) Teño colocado todo o material
B) Fago os meus traballos con orde e limpeza
 C) Coido das cousas propias e alleas
 D) Recollo e limpo

 3. ESTOU PREPARAD@ 
A) Traio cada día as tarefas e o material que necesito
B) Coloco todo na mesa antes de empezar
C) Concéntrome na tarefa que vou realizar
D) Repaso na casa o que fixen na clase cada día