domingo, 22 de decembro de 2019

BO NADAL

Noraboa a tod@s. Teño que felicitarvos polo voso estupendo traballo deste trimestre. Estou moi orgullosa de tod@s vos, do que aprendíchedes e do ben que traballáchedes. Agora toca descansar. De deberes ides levar:
- Saír a pasear e que vos dea un pouco o sol (se se digna  asomar 😂😂😂😂)
- Ver algunha peli chula coa familia ou con amigos.
- Quedar algún día con compañeiros para xogar na rúa.
- Facer unha tarde de xogos de mesa.
- Durmir moito e ben.
- Divertirse moito coa familia  nos días de festa.
- Axudar a poñer e decorar a mesa.
. Ler algún libro interesante para contarlle despois aos compañeiros.

E para aqueles que esteades aburridos e non saibades que facer, podedes aproveitar para bucear un pouquiño polo noso blogue e xogar a un montón de actividades divertidas que vos fun deixando estes días.

FELICES FESTAS A TODAS AS FAMILIAS DOS MOUCHIÑOS DO VALES!!💝💝



venres, 20 de decembro de 2019

ACENTUACIÓN

PALABRAS, PALABRAS, PALABRAS. Xa sabemos todos o difícil que é acentuar ben. Por iso imos empezar amodiño e con sentidiño. Primeiro aprenderemos  a identificar a sílaba tónica para poder clasificar as palabras e logo empezaremos a poñer tildes a montóns.
Pasádeo ben!!

SÍLABA TÓNICA
Resultado de imagen de silaba tonica" Resultado de imagen de silaba tonica"Resultado de imagen de silaba tonica"





ACENTUACIÓN

Resultado de imagen de ACENTUACION DE DON QUIJOTE"  Resultado de imagen de ACENTUACION anaya" Resultado de imagen de ACENTUACION"

Neste blogue do CEIP Ángel Frigola, de La Mojonera, Almería, tedes outro montón de xogos para acentuar. Se ademáis, vos gusta investigar, ides atopar actividades de todo tipo e de todas as materias.

MUCHO MÁS QUE PAPEL Y LÁPIZ


xoves, 19 de decembro de 2019

MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS

Práctica da división.
Para repasar divisións e repartos aquí vos deixo algúns xogos.

    Resultado de imagen de juegos divisiones       Resultado de imagen de juegos divisiones Resultado de imagen de divisiones      Imagen relacionada      Imagen relacionada

                             

SOCIAIS E NATURAIS

Un dos traballos que máis nos gusta facer nesta aula é o de investigar, compoñer e expoñer aos compañeiros. Aquí tedes unha pequena mostra do proxecto de CCSS titulado: "Investigo e documento a miña historia" , que fixemos de maneira individual e o de CCNN : "Os sentidos", no que traballamos colaborativamente en grupos para facer un mural e expoñelo.